Etiquetas

viernes, 19 de septiembre de 2014

O Tempo nas Vendimias 2014

Sábado 20 será o día de transición, xa que o ceo permanecerá nuboso ou moi nuboso con precipitacións febles a moderadas pola mañá en toda a comarca.
Pola tarde iranse abrindo os ceos, xa que a borrasca situada na nosa latitude trasladarase cara o sur, polo que as precipitacións irán remitindo, quedando algún chubasco aislado máis probable no sur da comarca.

As temperaturas en ascenso, con MÁX 22ºC e MÍN 18ºC.
Os ventos soprarán moderados de componente sur.


A xornada do Domingo 21 dará paso a unha semana con celos prácticamente despexados. Pola tarde os ceos iranse cubrindo un pouco na zona litoral, con probabilidade de tormentas ao final del día. A sensación será de bochorno.

As temperaturas máximas en moderado ascenso e mínimas en moderado descenso, con MÁX 26ºC e MÍN 15ºC.
Os ventos serán frouxos con rachas moderadas de componente norte, cambiando a direción variable.


A semana comezará có anticiclón situado ao sur do Reino Unido, cuxa presenza comezará a notarse na comarca. 
O Luns 22 será un día con ceos máis nubosos pola mañá, pero que se irán abrindo e quedando despexados a mediodía e pola tarde. 

As temperaturas sen moitos cambios, con MÁX 25ºC e MÍN 16ºC.
Os ventos soprarán frouxos de componenete noroeste.


A xornada do Martes 23 virá marcada por unha pequena fronte residual da borrasca situada na Península e que afectará ao norte, deixando ceos máis anubrados pola mañá pero sen risco de precipitacións. Xa pola tarde os ceos quedarán pouco nubosos ou despexados.

As temperatuas en descenso, con MÁX 23ºC e MÍN 15ºC.
Os ventos rolarán a componente nordés e soprarán frouxos con rachas moderadas.


O Mércores 24 o día ven marcado polo bo tempo, xa que a borrasca desaparece e o anticiclón pasa a afectarnos dun xeito máis claro. Os ceos estarán pouco nubosos ou despexados durante toda a xornada, con máis nubosidades nas áreas de montaña.

As temperaturas sen cambios significativos, con MÁX 23ºC e MÍN 14ºC.
Os ventos seguirán soprando de nordés moderados.


A xornada do Xoves 25 será anticiclónica, con ceos despexados durante todo o día na comarca, e tan só se deixará ver algunha nube alta no litoral pola tarde.

As temperaturas sen cambios, con MÁX 22ºC e MÍN 15ºC.
Os ventos soprarán de nordés frouxos con intervalos moderados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario