Etiquetas

martes, 18 de diciembre de 2012

Predición de Nadal, do 19 ao 22 de Decembro

Para o Mércores espéranse ceos cubertos, especialmente na metade occidental, onde afectará unha fronte con maior dureza a partires das 15h, deixando precipitación moderadas en toda a vertiente atlántica, e debiles no resto da comunidad, sendo menos probables canto máis ao sureste. Os ventos soprarán de compoñente suroeste, moderados a fortes. As temperaturas permanecen sen cambios MÁX 16 MÍN 13 (CORUÑA E PONTEVEDRA), MÁX 14 MÍN 10 (SANTIAGO E OURENSE), MÁX 12 MIN 8 (LUGO).



Durante a xornada do Xoves, espéranse ceos cubertos con chubascos débiles ocasionais en toda a comunidade, que serán máis persistentes ao mediodía en zonas da montaña de interior. Os ventos soprarán de suroeste, moderados a fortes. As temperaturas mínimas en descenso, MÁX 16 MÍN 11 (CORUÑA E PONTEVEDRA), MÁX 14 MÍN 10 (SANTIAGO E OURENSE), MÁX 12 MÍN 9 (LUGO).



Para o Venres, espéranse ceos moi cubertos, con precipitacións moderadas a fortes de madrugada no sector noroccidental da rexión, qe iran diminuíndo conforme pasan as horas. A partires de mediodía, espéranse chubascos débiles e ocasionais, máis probables na metade norte. Os ventos soprarán de suroeste, moderados. As temperaturas sen cambios, MÁX 16 MÍN 12 (CORUÑA, OURENSE E PONTEVEDRA), MÁX 14 MÍN 11 (SANTIAGO E LUGO).



Durante a xornada do Sábado, os ceos estarán cubertos, con preciptaciones débiles en xeral, con maior risco en zonas de interior da metade occidental. Pola noite espérase a chegada dunha fronte, qe deixará chubascos moderados na franxa litoral. Os ventos soprarán de compoñente suroeste, moderados a fortes. As temperaturas sen cambios, MÁX 16 MÍN 13 (CORUÑA E PONTEVEDRA), MÁX 16 MÍN 11 (OURENSE), MÁX 15 MÍN 12 (SANTIAGO), MÁX 14 MÍN 10 (LUGO).

No hay comentarios:

Publicar un comentario